Concerto da BAKIN" BLUES BAND de Santiago de Compostela
A Bakin' Blues Band son a unión de cinco experimentados músicos que, guiados polos eixes do jazz, country, funky e soul, combinan estes ritmos en animados concertos nos que as estruturas destes estilos trénzanse en momentos xeniais e situacións divertidas.
Bakin' Blues Band é un proxecto musical que xorde a comezos de 2007 en Compostela integrado por músicos que tocan en numerosas formacións da cidade desde 1992.
Tras anos de trato coa música blues, jazz, country e soul, pretenden facer unha destilación do que de común hai no interior destes estilos, traendo deste modo á música negra concepcións e estruturas musicais de todo estilo no que iso exista.
Esta formación musical compóñena JAVIER TURNES, voz e guitarra; DAVID "TATO", guitarra; DAVID PRIETO, baixo e voz; ALEJANDRO CASQUERO, piano; e PABLO BÁREZ, batería.
Como formación reciente e experimental, a idea foi posta a proba durante o 2007 tendo boa acollida por parte do público en locais de Compostela, da Mariña Lucense e da Costa da Morte.
É un grupo que reinterpreta temas de grandes clásicos como Lowell Fulsom, Ray Charles, Freddie King, The Band, Elmore James e moitos outros.