Concerto de música de autor (pop-rock) de AL VILA.
Melodías e letras intimistas chegan á Casa de Galicia en Madrid da man de AL VILA, músico ferrolán habitual nos principais circuítos de música de autor en España.
Alberto Vila (Al Vila) comeza a súa andadura musical en 1996 formando parte do grupo SOLO112 co cal grava o seu primeiro disco.
En 2008, inicia a súa carreira en solitario que culmina coa publicación do disco "Empezándonos", co que quere romper co pasado e, á súa vez, comezar cunha nova etapa.
Dado o éxito dos seus concertos en directo por toda a xeografía española, grava o seu segundo disco máis intimista e afín ao ferrolán, "Siguiéndonos". Moito máis persoal, no que mostra temas que van desde un gran contido eléctrico a temas acústicos con melodías elaboradas ou baladas envolventes e que viu a luz a principios de 2011 coa colaboración de Apadrina Un Artista (AUA) e Panymúsika, integrándoo no Plan100 do seu programa de distribución.
Máis de 350 concertos desde 2008 avalan o bo facer do cantautor galego.
En 2012 é teloneiro oficial en Galicia de Roadrunners, dúo formado por Ramón Arroyo (Los Secretos) e Jeff Espinoza (Vargas Blues Band e Red House); comparte concertos con artistas da talla de René (teclista de El Canto del Loco) e pasea as súas cancións por salas tan importantes como Costello.
Actualmente atópase elaborando o seu terceiro traballo, "Inventándonos", que presentará a finais de ano xunto co seu novo produtor e un dos guitarristas de maior prestixio en Galicia, Javi Amor.