Concerto de música folk galega "ALÉN DO MAR", polo Grupo OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO
Trátase do primeiro traballo discográfico en solitario do gaiteiro e frautista pontevedrés, que convida a unha viaxe sonora que discorre polo Atlántico a través dunha selección de melodías galegas e latinoamericanas enriquecidas con elementos propios da música celta.
"Alén do mar" é unha viaxe sonora chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade froito da gravación do seu novo CD, no que, ademais da participación dos músicos da súa banda, Oscar Ibáñez & Tribo, contou coa colaboración de músicos galegos, navarros, vascos, andaluces, irlandeses, cubanos, arxentinos, venezolanos e brasileiros, como Javier Cedrón, Marcos Teira, Pedro Pascual, Xulio Abal ou Alba Barreiro.
Con esta nova proposta, o artista pretende "hermanar musicalmente" as culturas atlánticas usando a música galega como fío condutor en "unha mestizaxe fresca, moderno e innovador no cal predomina a sonoridade celta". As diversas viaxes que Oscar Ibáñez realizou no últimos quince anos por máis de trinta países de Europa, América Latina e Estados Unidos influíron decisivamente na maneira de definir unha proposta musical cada vez máis aberta na que mostra as afinidades musicais dos dous continentes.
Nacido en Pontevedra en 1976, Oscar Ibáñez é mestre en educación musical, especialista universitario en Música Tradicional Galega, especialista universitario en Arquivística, posúe o título de Grao Profesional LOE na especialidade de gaita de folk galega e cursou estudos oficiais de frauta doce. Entre 2004 e 2012 traballa no Arquivo Sonoro do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra, onde logrou reunir unha colección de 9.000 gravacións sonoras galegas que están a disposición dos cidadáns para a súa consulta.
Comezou a tocar a gaita en 1984 no grupo "Treboada", de Poio. Entre 1989 e 2004 formou parte da "Agrupación Folclórica Celme", de Pontevedra, coa que participou en festivais por toda Europa. Desde 1995 dirixe o "Grupo de Música Tradicional Pai da Cana" e desde 1997 imparte cursos de gaita e percusión en centros galegos de todo o mundo. Alcanzou máis de corenta premios nos concursos de gaita galega de maior prestixio.
Ibáñez actuará acompañado do grupo musical Tribo formada por músicos galegos de recoñecido prestixio. Nesta ocasión acompáñanlle tres dos cinco músicos que conforman esta banda: Fernando Fraga (acordeón), Carlos Calviño (guitarras) e Andrés Vilán (percusión-batería). Xuntos confeccionarán un espectáculo musical cheo de riqueza de melodías e multiculturalismo.