Concerto de música tradicional galega "OS TRASNOS DA GAITA"

Eventos
07/08/2013
07/08/2013
08/07/2013

Concerto de música tradicional galega "OS TRASNOS DA GAITA"

-

Este grupo de música tradicional galega, composto por cinco rapaces comprendidos entre os 13 e os 18 anos, ofrecerán unha selección das mellores pezas de música tradicional galega, homenaxeando aos grandes autores de Galicia, combinando gaitas en distintas tonalidades, requintas ou pitos.

Herdeiros dos grandes quintetos tradicionais do século XX, Os Trasnos da Gaita comezaron a súa andaina como grupo no ano 2010, sendo considerados a día de hoxe, como parte importante dunha emerxente nova xeración de músicos galegos que trata de ir facendo camiño no presente século. A pesar da súa curta idade como grupo, xa contan cunha ampla bagaxe en actuacións en distintos espazos, festivais ou auditorios, chegando a compartir escenario con grupos tan senlleiros no actual panorama musical de Galicia como Noitarega, recibindo grandes eloxios por parte do público e da prensa especializada.

O grupo compóñeno: Samuel Bugarín (gaita en Do e en Sol, pito en Re, requinta e culleres), Xandre Otero (gaita en Do e en Re e pito en Re), Xavier Santos (tambor, cunchas e tarrañolas), Luis Bartolomé (tambor e pandeireta), e Xoán Bartolomé (bombo, ferriño e chascarraschás). Todos eles son compoñentes de Moxenas Musical Galego e, á súa vez, pertencen a distintas asociacións culturais da provincia de Pontevedra.

As pezas que van interpretar son as que seguen:

• O San Campio é noso (Moxenas)

• Entre o Millo (Anxo Pintos)

• Lembranzas do Gaiteiro (Enrique Otero)

• Xota do Besbello (Ivan Costa)

• Pasodoble, Pasodoble (Xesús Vaamonde)

• Xota de Ordes (Tradicional)

• A cachimba Dourada (Ivan Costa)

• A Cotula (Tradicional)

• Levame Levame (Tradicional)

• Xota do Garcia (Tradicional)

• Muiñeira do lagares (Enrique Otero)

• De Brincadeira (Moxenas)

• Xota para Nerea (Ivan Costa

08 Xullo 2013
Eventos
Imaxes