Concerto de saxofón "HARMONÍAS IBÉRICAS", de Adrián Sánchez e José Aguilar
Con este programa, titulado "Harmonías Ibéricas", este dúo de saxofonistas embárcase nunha travesía única, fusionando a elegancia clásica coa audacia contemporánea. Estas tres obras convidan á audiencia para mergullarse nun diálogo entre o pasado e o presente, entre a tradición e a experimentación.
Luminiscencia Dúo fórmase no seo do CSKG, onde Adrián Sánchez e José Manuel Aguilar estudan baixo a tutela do mestre Pedro Pablo Cámara. A traxectoria do dúo destacouse con actuacións en prestixiosas salas como o Museo do Renacemento de Madrid, a Casa de Galicia en Madrid ou o Auditorio do CSKG. A versatilidade do dúo evidénciase no seu enfoque tanto na nova creación, colaborando con compositores contemporáneos, como na interpretación dun repertorio que abarca desde o século XVI ata a actualidade. Este enfoque ecléctico e comprometido reflicte unha fusión única de tradición e exploración artística no mundo do saxofón.
PROGRAMA
- "Danzas Aladas" (2023), de Alejandro Pastor. Componse de tres movementos influenciados pola música barroca e renacentista, pero tamén polo rock progresivo. Cada movemento leva ao oínte a través de diferentes paisaxes sonoras nos que se combinan ritmos exuberantes e melodías intrincadas.
- "Diálogo e Cortexo" (2023), do compositor español Marcos Ripoll, exhibe un carácter marcadamente español. Esta peza musical evoca un ambiente apaixonado e enérxico coas súas melodías distintivas.
- "Lendas para dúo de saxofóns" (2023), de Mila Jiménez. Son unha suite de breves pezas con ambientación diferente, pequenas historias narradas por un saxo alto e un tenor: Lenda mariñeira, Lenda dun instante, Lenda urbana e Lenda española.