Concerto do DÚO QITAYES, formado por Víctor Landeira, guitarra; e Rocío Campos, clarinete

Eventos
06/25/2013
06/25/2013
25/06/2013

Concerto do DÚO QITAYES, formado por Víctor Landeira, guitarra; e Rocío Campos, clarinete

-

A ecixana Rocío Campos e o canario Víctor Landeira, forman o Dúo Qitayes, que é unha formación musical de clarinete e guitarra que nace en 2010 en La Haya (Holanda), co obxectivo de explorar o pouco coñecido repertorio existente para este tipo de agrupación, e para adaptar a ela as obras camerísticas máis relevantes escritas para ambos instrumentos.

O seu repertorio recolle desde o máis clásico aos vangardistas, abarcando distintas épocas, polo que a súa música se adapta a unha gran variedade de público.

Rocío Campos (Clarinete). Natural de Écixa, comeza os seus estudos musicais na súa cidade natal, culminando estes con máximas cualificacións no C.S.M de Córdoba de mans de Fco. José González. Amplía os seus estudos especializándose en Música de Cámara no Royal Conservatoire de La Haya (Holanda) co profesor Pierre Woudenberg, así como cursando Musicoloxía na Universidade de La Rioja. Recibiu clases e consellos de clarinetistas e músicos reputados como Walter Boeykens, Karl Leister, Julian Farrell, Joan Enric Lluna, Cristo Barrios, Louis Andrienssen, Michael Thomas, entre outros. Como intérprete, a súa carreira abarca concertos en varios países como España, Italia, Holanda ou Bélxica, así como diversas formacións desde orquesta e bandas de música como Orquesta Joven de Andalucía ou Banda de Música Stmo. Cristo de Confalón de Écixa, ensembles como Royal Ensemble, Ensemble Villanel a pequenos grupos de cámara como Quinteto de entos I, Not"a Trio ou dúo con piano con Elena Navarro.

Víctor Landeira (Guitarra). Naceu en Carrizal (Gran Canaria) en 1984. En 2006 obtivo o título de Pedagoxía da guitarra no Conservatorio Superior de Música de Canarias cos profesores Carlos Oramas e Fernando Bautista. Posteriormente, continúa os seus estudos con Enno Voorhost Y Zoran Dukic no Real Conservatorio de La Haya (Holanda), finalizando un master en interpretación en 2011. En 2007 foi galardoado co primeiro premio do XII Concurso Internacional de Guitarra da Fundación Canaria Blas Sánchez. Recibiu bolsas de estudos artísticas da Fundación MAPFRE Guanarteme (2007/08) e da Fundación Universitaria de Las Palmas de Gran Canaria (2008/09 e 2010). Estreou obras propias e doutros compositores. É así mesmo membro de PROMUSCAN. Acompaña a cantantes con regularidade e dá recitais con diversas formacións camerísticas e a solo. Realizou dúas grabacións para o selo RALS. A súa formación compleméntase con estudos de musicoloxía (na Universidade de La Rioja).

PROGRAMA

Joaquim  Homs (1906-2003) Duet per a clarinet i guitarra

Víctor Landeira (1984 *) Dúo para clarinete y guitarra

Robert Schumann (1810-1856) Drei Romanzen Op. 94  (Arr. V. Landeira)            

-Pausa-

Leandro Ramos (1960*) El susurro de los desposeídos. El regreso. Homenaje al pueblo Saharaui

Ferdinand Rebay (1880-1953) Drei Vorstragsstücke. I Praeludium. II Villanelle mit Variationen. III Rondo-Walzer

25 Xuño 2013
Eventos
Imaxes