Concerto "MÚSICAS DO MUNDO PARA TODO O MUNDO", do Grupo BATITAL
A banda lucense interpretará unha selección de temas musicais procedentes de distintos países do mundo con letras en diferentes idiomas, conservando as raíces da música tradicional galega.
Batital é un grupo que nace en 2007 da inquietude de sete afeccionados á música con experiencia musical en distintas agrupacións. Varias poden ser as definicións do estilo musical elixido. Quizais a frase máis acertada que define o traballo de Batital sexa a de "Sons do mundo", por canto versionan e compoñen cancións de diferentes estilos musicais como a samba, o swing, a bossa-nova, o blues, a muiñeira, a zamba, o tango, a rumba e tantos outros, tendo como nexo de unión en todos os temas o toque xenuinamente galego a través das letras das cancións e os arranxos.
Varios foron os recoñecementos obtidos por Batital, entre os que destacan o Primeiro Premio no Certame de músicas emerxentes "NOVOSON" de Radio Galega, e o Primeiro Premio no Concurso A Coruña Son 10 organizado polo Concello da Coruña.
COMPOÑENTES: Elba Cancio: vocalista; Pablo Vázquez: coros, buzuki; Yuri Silar: acordeón; Fran Muinelo: mandolina; Andrei Volodin: guitarra; Marco Mendoza: percusión e vibráfono; Pablo Expósito: percusión tradicional e Carlos Martínez: baixo.