Conferencia "ÁNGEL AMOR RUIBAL, LINGÜISTA E FILÓSOFO", por Antonio Domínguez Rey, Doutor en Filosofía e Lingüística.

Eventos
10/21/2014
10/21/2014
21/10/2014

Conferencia "ÁNGEL AMOR RUIBAL, LINGÜISTA E FILÓSOFO", por Antonio Domínguez Rey, Doutor en Filosofía e Lingüística.

-

O acto celébrase co gallo do Centenario da edición do primeiro volume de “Los problemas fundamentales de la filosofía y del dogma”, de Ángel Amor Ruibal.

Ángel Amor Ruibal (Barro, Pontevedra, 1869-Santiago de Compostela, 1930) foi un destacado filósofo, lingüista e teólogo español. Precursor ademais do pensamento lingüístico e instaurador dunha metafísica ontolóxica non escolástica e inclasificable. Profundo coñecedor das linguas clásicas, o seu pensamento filosófico parte dunha posición crítica respecto ao tomismo aristotélico.

O seu labor intelectual nos sectores da filoloxía, da filosofía e da dogmática foi unha das máis puras e valiosas que se coñecen.

A súa principal obra na que sintetiza o seu pensamento e estudos “Los problemas fundamentales de la filosofía y del dogma”, conta con dez volumes, onde con lucidez e minuciosidade exquisitas, aparecen capturadas todas as especies de aventuras intelectuais a que deu orixe a dogmática cristiá, no seu connubio coa tradición filosófica que nutría os destinos da alma occidental.

21 Outubro 2014
Eventos