Conferencia-coloquio "Soñar para nenas e mozos en galego: os libros que marcaron o camiño", por MONTSERRAT PENA PRESAS

Eventos
01/15/2014
01/15/2014
15/01/2014

Conferencia-coloquio "Soñar para nenas e mozos en galego: os libros que marcaron o camiño", por MONTSERRAT PENA PRESAS

-

A charla, dirixida a todos aqueles interesados na literatura e na cultura galega, versará sobre a literatura infantil e juvenil galega desde a súa consolidación como xénero no contexto cultural en Galicia, a partir da introdución regrada da lingua galega no ensino, ata os nosos días.

MONTSERRAT PENA PRESAS é licenciada en Filoloxía Galega e Diploma de Estudos Avanzados en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Edición pola Universidade de Salamanca. Foi profesora de lingua e literatura galega na Universidade de Bangor, Gales e investigadora contratada na Universidade de Santiago de Compostela, onde está realizando a súa tese de doutoramento sobre estudos de xénero e literatura xuvenil galega. Na actualidade traballa no Departamento de Didáctica de Lingua e das Ciencias Sociais da USC como profesora interina. En 2008, a prestixiosa International Youth Library de Múnic (Alemaña) concedeulle unha bolsa para afondar no seu proxecto doutoral.

Especializada en literatura galega contemporánea e, moi en concreto, no ámbito da literatura infantil e juvenil, participou en diversos congresos nacionais e internacionais e publicou diversos artigos sobre o tema, entre eles: "Notas para unha tematización da narrativa infantil e xuvenil galega (1975-1985)", "Carlos Casares: tradutor diverso e editor entregado de literatura infantil e xuvenil", "Beber soños: seis palabras arredor de Agustín Fernández Paz"; "Imágenes de niñas en la narrativa infantil y juvenil gallega" ou "A muller contra a marea. Xohana Tores pioneira da literatura infantil galega". 

Como crítica literaria, colabora en diferentes publicacións académicas, como Grial o Madrygal, e en xornais e revistas especializadas, como Faro de Vigo ou Protexta. Coautora do material didáctico de lingua e literatura galega para a ESO de Editorial Galaxia, en 2012 publicou Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño, un estudo divulgativo sobre o dramaturgo compostelán.

Con esta conferencia Montserrat Pena pretende acercar ao público dunha maneira xeral a literatura infantil e juvenil galega actual; recoñecer e rachar con certos prexuízos relacionados coa literatura infantil; dar a coñecer os títulos e os autores fundamentais da literatura infantil e xuvenil galega; contar qué fitos socioculturais influíron no asentamento e desenvolvemento desta literatura; e recoñecer o traballo dos ilustradores galegos máis recoñecidos fóra e dentro de Galicia.

15 Xaneiro 2014
Eventos
Imaxes