Conferencia da xornalista Mercedes de Luis Andrés: "O MAR, PONTE ENTRE CULTURAS"
A xornalista de orixe palentina convertirá ao mar en protagonista, en nexo de unión entre culturas e civilizacións moi diversas.
Mercedes de Luis Andres (Palencia, 1982) está Licenciada en Ciencias da Información, Xornalismo. Universidade Complutense de Madrid (2000-2006).
De entre a súa formación académica destaca a concesión dunha Beca Erasmus. Depart. de Cine y Medios de Comunicación, Universidade de Copenhague, 2007; unha Beca de investigación concedida por "Cirius" (Danish Agency for International Education), para desenvolver o proxecto Identidades Urbanas. Universidade de Copenhague, 2008; e unha Beca "Cirius", xullo de 2009 e agosto de 2012, Helsingor e Copenhague. Así mesmo realizou un Curso de periodismo dixital en "Edite formación", Madrid. Xaneiro 2011.
Fixo prácticas de xornalismo en "El diario palentino" e en "El faro de Ceuta". Foi correctora na revista "Federcaza" e corresponsal na revista La Clave. Durante os anos 2009 e 2010 foi xornalista na radio "Nachrintenpool Lateinamerika", Berlín. Foi redactora e responsable de comunicación na páxina web "Planet-bpm", outono e primavera 2011, Madrid; e colaboradora no grupo de investigación da UCM: "Modelo Nórdico", 2012, Madrid.