Conferencia de Federico Fernández de Buján, catedrático de Dereito Romano da UNED: "O PROCESO CONTRA XESÚS. ESTUDO HISTÓRICO, XURÍDICO E TEOLÓXICO"

Eventos
04/08/2014
04/08/2014
08/04/2014

Conferencia de Federico Fernández de Buján, catedrático de Dereito Romano da UNED: "O PROCESO CONTRA XESÚS. ESTUDO HISTÓRICO, XURÍDICO E TEOLÓXICO"

-

O catedrático de Dereito Romano, Federico Fernández de Buján, pronunciará unha conferencia na que profundará no estudo dos feitos que determinaron a condena a morte de Xesús de Nazaret e a súa execución na cruz.

Fernández de Buján considera que a condena de Xesús foi unha imposición do poder político sobre o xurídico, e a victoria da violencia sobre a lei e da inxustiza sobre o Dereito.

Na súa análise do proceso contra Xesús, Fernández de Buján, que é autor de dúas publicacións sobre o tema da Sentenza Romana, mantén que, a pesar de existir dúas xurisdiccións, a hebrea e a romana, produciuse un único proceso, o do Sanedrín, xa que os romanos se limitaron a utilizar o seu dereito a executar a pena de morte.

Por tal motivo, a morte de  Xesús produciuse na cruz ao estilo romano e non por lapidación.

Federico Fernández de Buján Fernández. Nacido en Lugo en 1956. Licenciado en Dereito na V Promoción da Universidade Autónoma de Madrid. Catedrático de Universidade desde 1994. Catedrático da UNED desde 2000. Director do Departamento de Dereito Romano da UNED. Autor de catorce libros. Autor de máis de cen estudos entre capítulos de libros e obras colectivas e artigos publicados en revistas científicas -romanísticas, iusprivatistas, civilistas- e noutras sedes universitarias e académicas. As súas publicacións xurídicas abarcan estudos de Dereito Romano, Dereito privado, Dereito civil e Dereito comparado. Son numerosos os seus escritos sobre temas universitarios e pedagóxicos. Escribiu distintos ensaios e dúas obras literarias.

08 Abril 2014
Eventos