22/02/2024
Conferencia de Jesús Ángel Sánchez García, catedrático de Historia da Arte: "Antonio Palacios. Obra e legado nunha viaxe de ida e volta de Galicia a Madrid"
Jesús Ángel Sánchez García (A Coruña, 1967) é catedrático de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela. As súas investigacións enfocáronse cara á historia da arquitectura e o urbanismo en Galicia nos séculos XVIII ao XX, con especial atención a diferentes tipoloxías —teatros, cinemas, faros, pazos e os seus xardíns—, así como ás condicións profesionais e produción de destacados mestres de obras e arquitectos no mesmo período. No ano 2000 recibiu o premio Galicia de Investigación en Humanidades. Desde 2021 coordina o grupo de investigación Historia da Arte, da Arquitectura e do Urbanismo (GI-1510).
22 Febreiro 2024
Eventos
Participantes
Horacio Rico Rodríguez, presidente de FAGAMA
Jesús Ángel Sánchez García, catedrático de Historia da Arte da USC