12/12/2013
Conferencia de Pierre Joubin, Presidente do Comité Galicia-Bretaña: "GALICIA E A BRETAÑA FRANCESA, DÚAS REXIÓNS AFÍNS"
-
A pretensión da entidade que preside Pierre Joubin é a de coordinar os distintos comités de irmandamento entre as vilas do departamento francés e diversos municipios galegos.
Se as relacións entre Galicia e Bretaña foron importantes desde tempos prehistóricos, as facilidades de comunicación do noso mundo actual favoreceu aínda máis estes contactos culturais e económicos. As súas singularidades políticas e as súas similitudes culturais están sendo resaltadas día a día, como o demostran os diferentes acontecementos económicos e culturais que se repiten ao longo dos anos. Estas fraternais relacións quedan recollidas tamén nos numerosos irmandamentos existentes entre localidades galegas e bretonas.
12 Decembro 2013
Eventos