Conferencia do Dr. D. Francisco R. García Fernández: "A MEDICINA DO CORAZÓN NO SÉCULO XXI. AVANCES EN CARDIOLOXÍA".
O xoves, 26 de xaneiro, ás 20:00 horas, clausúrase o Ciclo Medicina e Saúde cunha conferencia que pronunciará o Dr. D. Francisco R. García Fernández, Académico correspondente da Real Academia de Medicina de Galicia. O acto será presidido pola Secretaria Xeral de Sanidade do Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade, Dª Mª Pilar Farjas Abadía.
FRANCISCO R. GARCÍA FERNÁNDEZ naceu en Santiago de Compostela e reside en Madrid.
É un recoñecido especialista en Cardioloxía e acreditado escritor, membro da Sociedade de Médicos Escritores.
Licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e especializouse en Cardioloxía pola Universidade Autónoma de Madrid, onde alcanzou o doutorado "cum laude". Exerceu a especialidade no Hospital "La Paz" de Madrid e dirixiu a Unidade de Cardioloxía do Hospital Privado "Ruber Internacional" de Madrid, durante 10 anos e foi fundador e xerente da empresa "CARDIOGAR S.L.", constituída en 1988.
É membro da Sociedade Española de Cardioloxía da Sociedade Castelá de Cardioloxía e Secretario da mesma durante 4 anos. Secretario do Comité Editorial das Revistas "Monocardio" e "Cardiología '90". É Asesor Médico dos Clubs de Fútbol en diferentes etapas: Real Madrid, Atlético de Madrid e Rayo Vallecano.
Autor de capítulos de Cardioloxía en monografías e en numerosos libros. Tamén son da súa autoría numerosos artigos publicados en revistas estranxeiras, así como traballos de Cardioloxía en Revistas Españolas. Presentou diversidade de comunicacións en Congresos e Simposiums nacionais e internacionais.
Colaborador habitual de "El Correo Gallego" e de varias revistas relacionadas coa súa especialidade.
Coa conferencia que pronunciará esta tarde o Dr. García Fernández péchase o Ciclo "Medicina e Saúde" co que se pretendía contribuír de maneira significativa á importante tarea de mellorar os coñecementos dos cidadáns no coidado e mellora da súa saúde. O Ciclo estivo coordinado e dirixido polo Doutor D. José Manuel Pérez Vázquez, Profesor de Medicina Nuclear do Hospital Xeral Universitario Gregorio Marañón.