Conferencia do Dr. D. LUIS MIGUEL FALCÓN GARCÍA: "O que vostede debe saber sobre a saúde da súa próstata"

Eventos
03/21/2012
03/21/2012
21/03/2012

Conferencia do Dr. D. LUIS MIGUEL FALCÓN GARCÍA: "O que vostede debe saber sobre a saúde da súa próstata"

-

O doutor, especializado en Uroloxía, falará, utilizando un léxico adecuado a un público non técnico no argot médico, da próstata, a súa interrelación con órganos veciños, así como dos trastornos que sofre e posibles tratamentos.

LUIS MIGUEL FALCÓN GARCÍA (Madrid, 1948), é Licenciado e Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade Complutense de Madrid, en 1975 e 1992 respectivamente.

Académico de Número da Real Academia Médico-Cirúrxica Española. Doutor “Honoris Causa” en Medicina e Cirurxía pola Universidade Americana Columbus.

Especializouse en Uroloxía en 1980 e diplomouse en Androloxía en 1984 polo Ministerio de Educación e Ciencia e pola Asociación Española de Uroloxía, respectivamente.

A súa formación como especialista en Uroloxía realízaa no Hospital Universitario 12 de Octubre de Madrid, finalizándoa en 1980.

A súa especialidade exércea nos Hospitais Cán Misses (Ibiza), Virgen de las Nieves (Cuenca), Hospital da Princesa e Hospital Gregorio Marañón (Madrid).

Autor e coautor de numerosas publicacións da súa especialidade en congresos nacionais e internacionais e varias delas con premio extraordinario.

Antigo profesor de Uroloxía dos Cursos de Doutoramento e de dous Másteres na Facultade de Medicina da Universidade Complutense de Madrid.

Pertence como Membro de Número a prestixiosas Sociedades Médicas e Cirúrxicas Nacionais e Internacionais de Uroloxía, Cirurxía, Cirurxía Plástica, Xeriatría e Xerontoloxía.

Despois de 15 anos de exercicio profesional na Seguridade Social, solicita a excedencia, e non sendo militar, ingresa por oposición no ano 1991 no Ministerio de Defensa para dirixir como Xefe do Servizo de Uroloxía no antigo Hospital Militar do Xeneralísimo de Madrid durante 10 anos. Posteriormente, ao cerrar estes Hospitais Militares, obtén como novo destino da súa especialidade o Servizo de Uroloxía do Servizo Médico do Cuartel Xeral do Exército de Terra, o cal segue dirixindo na actualidade.

21 Marzo 2012
Eventos