Conferencia "DOS HOMES ENCONTRADOS NO TEMPO: MANUEL FRAGA E FIDEL CASTRO", por Miguel Ángel Alvelo Céspedes, con motivo do seu nomeamento como Presidente da Asociación de Cubanos Residentes en Madrid

Eventos
05/27/2015
05/27/2015
27/05/2015

Conferencia "DOS HOMES ENCONTRADOS NO TEMPO: MANUEL FRAGA E FIDEL CASTRO", por Miguel Ángel Alvelo Céspedes, con motivo do seu nomeamento como Presidente da Asociación de Cubanos Residentes en Madrid

-

O acto contará coa asistencia do Excmo. Sr. D. Eugenio Martínez Enríquez, Embaixador de Cuba no Reino de España e a Cónsul Xeral da República de Cuba en Madrid, Malluly Díaz Media.

Finalizada a conferencia, pasarase á presentación da Asociación de Cubanos residentes en Madrid.

Escritor e historiador, Miguel Ángel Alvelo publicou "Manuel Fraga un gallego-cubano, Fidel Castro un cubano-gallego", prologado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, editado polo Grupo editorial éride ediciones. Miguel Ángel Alvelo inspírase neste libro para pronunciar esta conferencia, onde se proxectarán imaxes das visitas de Manuel Fraga Iribarne a Cuba nos anos 1991 e 1998 e a visita de Fidel Castro a Galicia en 1992.

MIGUEL ÁNGEL ALVELO CÉSPEDES Camagüey (República de Cuba) 1968. É profesor graduado de Eduación Física e Deportes pola Facultade Manuel Fajardo (Provincia de Camagüey, República de Cuba). Ex director da Federación Canaria de Natación (Delegación Lanzarote), foi colaborador con diferentes medios de comunicación en Lanzarote (Canarias). É fundador do primeiro Club de Natación Rosalía de Castro Habana (Cuba) dentro das sociedades galegas en Cuba.

27 Maio 2015
Eventos
Imaxes