19/06/2024
Conferencia "EDUARDO BARREIROS, UN GALEGO UNIVERSAL", por Mariluz Barreiros
EDUARDO BARREIROS foi un inventor e empresario industrial español, pioneiro do mundo do motor. Nacido en Gundiás, Nogueira de Ramuín, provincia de Ourense, en 1919, faleceu na Habana, Cuba tras facer realidade Barreiros Diesel, en dúas etapas e en dous continentes, e lograr unha serie de fitos polos que se considera o pai da automoción en España.
A memoria deste emigrante, convertido xa en mito, cóidaa a Fundación Eduardo Barreiros, presidida con acerto pola súa filla Mariluz, persoa tamén de innumerables méritos, que soubo proxectar a figura do seu pai como exemplo de superación, esforzo, perseveranza e bo corazón, como un referente de compromiso coa creación de riqueza, emprego e benestar social.
19 Xuño 2024
Eventos
Participantes
Mariluz Barreiros, presidenta da Fundación Eduardo Barreiros
Fernando Ónega, xornalista