Conferencia "MARISCANDO CONTOS. A ECONOMÍA NOS CONTOS TRADICIONAIS", por Pepa Martín, contadora de contos

Eventos
04/16/2015
04/16/2015
16/04/2015

Conferencia "MARISCANDO CONTOS. A ECONOMÍA NOS CONTOS TRADICIONAIS", por Pepa Martín, contadora de contos

-

Pepa Martín leva moitos anos dedicándose a transmitir a importancia da lectura e a sabedoría dos contos tradicionais tanto a nenos como a adultos; nesta charla contará que personaxe de conto nos ensina a nosa primeira lección de economía, ou como un conto preveu a corrupción ou o azar da Bolsa desafiábanos escondido nos contos.

Pepa Martín (ou Pepa "a cuentera") naceu en San Sebastián pero foi criada en Galicia, polo que respirou a maxia desta terra desde pequeña. O de ser "mariscadora de contos" vénlle desde entón porque para darlle cor ás cousas grises, inventábase contos.

Recibiu formación a través de cursos de intelixencia emocional, de prevención de patoloxía da voz; formación en expresión corporal, plástica e artística e en metodoloxía de recunchos en educación infantil.

Actualmente é coordinadora de proxectos educativos para empresas de xestión cultural, delegada da empresa de intercambio cultural "Rising Culture", cofundadora de "Meridianos y Paralelos, coaching educativo" e asesora da plataforma de animación á lectura "Ranopla".

O seu traballo ten como obxectivo divulgar o papel insubstituíble que ten o libro no desenvolvemento afectivo e intelectual dos nenos, recuperar a narración oral como instrumento de comunicación e espertar a imaxinación e a creatividade dos máis pequenos.

16 Abril 2015
Eventos
Imaxes