Conferencia "O PORTO DA CORUÑA: PRESENTE E FUTURO", por Martín Fernández Prado, presidente da Autoridade Portuaria da Coruña
Arquitecto pola Universidade de Navarra e doutor con premio extraordinario, Martín Fernández Prado realizou estudos de posgraduado na Bartlett School of Architecture e completou un Master en Urbanismo en Harvard University. Profesor de proxectos no Boston Architectural Center. Profesor de Urbanismo na Escola de Arquitectura da Coruña (UDC) e subdirector no período 2000-2003.
Os seus campos principais de investigación e publicación son sobre axendas e estratexias urbanas e Smart Cities. Foi Director Xeneral de Urbanismo e Ordenación do Territorio no X Goberno Gallego (2003-05). Concelleiro do Concello da Coruña (entre 2011 e 2019, e en 2020), responsable de urbanismo, vivenda e infraestruturas (2011-15).
Desde decembro de 2020 é Presidente da Autoridade Portuaria da Coruña.