Conferencia "A obra de España en América", de Juan Luis Beceiro
"A obra de España en América", título desta conferencia, desenvolve os temas do colonialismo, do etnocidio do que tamén se acusa a España, da civilización hispana no novo continente, o caso das culturas precolombinas, a mestizaxe, a Inquisición en América, a lexislación española de Indias así como o papel de Galicia na sanidade no mundo hispánico.
Juan Luis Beceiro García é natural do Ferrol. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Salamanca da que foi axudante de cátedra en Dereito Internacional.
Con bolsa desta universidade, realizou estudos en lingua inglesa, de xeografía económica e de historia na Universidade de Saint Andrews.
Visitou diversos países americanos e europeos, entre eles Portugal, país co que entronca co noso idioma o galaico-portugués segundo estúdase nas universidades.
Publicou o libro titulado "La Mentira Histórica Desvelada" onde desfai a maior inxuria perpetrada contra España sobre o xenocidio do indíxena americano.
Desde a súa xubilación no Ministerio de Traballo pronunciou preto de 400 conferencias en España e no estranxeiro.