Conferencia "Os CADROS DE SANTIAGO NO MUSEO DO PRADO", por María Martín Sánchez

Eventos
11/29/2023
11/29/2023
29/11/2023

Conferencia "Os CADROS DE SANTIAGO NO MUSEO DO PRADO", por María Martín Sánchez

Este relatorio enmárcase dentro do "SEMINARIO CIMADEVILA COVELO DE ESTUDOS XACOBEOS", que organiza a Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid.

MARÍA MARTÍN SÁNCHEZ é historiadora de Arte, educadora de Museos e Patrimonio (divulgación cultural) e deseñadora de proxectos educativos.

A Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid organiza na Casa de Galicia en Madrid o ‘Seminario Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos’, que se creou en 2001 como homenaxe ao ilustre galego do que tomou o nome, José Antonio Cimadevila Covelo, que presidiu o Centro Galego de Madrid e tamén a Asociación desde 1987 data da súa fundación. Neste seminario a Asociación reúne a estudiosos e personalidades que achegan unha mirada fundamental ao complexo fenómeno xacobeo.

Esta asociación naceu para ser en Madrid lugar de reflexión sobre o Camiño de Santiago e a diversa realidade creada polo fenómeno da peregrinación e está aberta a cuantos ámbitos de coñecemento poidan axudar no estudo do Camiño e a peregrinación a Compostela, entre outros os da historia, a arte, a xeografía, a filosofía, a lexislación, a enxeñería ou a socioloxía.

29 Novembro 2023
Eventos
Participantes
María Martín Sánchez, historiadora da arte
Mª Luisa Muñoz Martínez de Salinas, presidenta da Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid
Imaxes