Conferencia "OS DUELOS, A ESGRIMA, E VALLE-INCLÁN", polo profesor e escritor José María Peláez Valle

Eventos
02/15/2017
02/15/2017
15/02/2017

Conferencia "OS DUELOS, A ESGRIMA, E VALLE-INCLÁN", polo profesor e escritor José María Peláez Valle

-

A conferencia versará sobre as orixes históricas do duelo, a súa evolución ao longo do tempo, os seus protocolos e leis e relatará algún duelos famosos.

Centrarase posteriomente na figura de Valle Inclán, quen trabou amizade co florentino Attilio Pontanari do que aprendería esgrima e a súa relación con personaxes da época, especialmente con Pío Baroja.

Ademais dun longo período dedicado á actividade profesional e empresarial, o Profesor Peláez Valle exerceu como docente na Área de Ciencia de Materiais e Enxeñería Metalúrxica na Universidade de Vigo, impartindo Enxeñería de Materiais e Metalurxia Histórica.

O seu interese polo mundo da arte e da historia levoulle a efectuar traballos relevantes de investigación sobre metalurxia de obxectos de arte antigos, publicados no Consello Superior de Investigacións Científicas e outras entidades solventes, así como tamén para realizar labores de asesoramento para museos, e de experto para anticuarios e salas de poxas internacionais.

Na súa faceta de escritor, experto en temas de armería e afíns, foi encargado polo Instituto de Estudos Cervantinos de redactar o contido das voces "Desafío" e "Duelo", para a Gran Enciclopedia Cervantina. Conferenciante e publicista, entrou con éxito nos últimos anos no mundo da novela histórica.

Publicou os seguintes libros sobre traballos artísticos antigos:

-"Pequeña Estatuaria de Bronce". Edición da Universidade de Vigo. 2005.

-"Armería Vasca de Lujo en el siglo XIX". Edicións Beta. Bilbao. 2006.

- "Desafíos, Encuentros y Duelos de Honor", onde plasmou todos os aspectos que rodean ao duelo en España: desde as súas orixes ata as súas modalidades, evolución, protocolo e regulamentos. Edicións Beta. Bilbao. 2007.

- "Héroes en el Olvido". Edicións Beta. Bilbao. 2008.

- "Honor y Rebeldía" Edicións Beta. Bilbao. 2010.

- "El hombre de las muñecas". Edicións Beta III Milenio. Bilbao. 2014.

Publicou traballos na Revista "Gladius" do Consello Superior de Investigacións Científicas, artigos sobre coleccións estatais en revistas de especialidade, realizou traballos de expertización metalúrxica para Anticuarios e Salas de Poxas Internacionais, e colaborou como membro do Comité de Recepción de Feriarte de Madrid.

 

15 Febreiro 2017
Eventos
Imaxes