Conferencia "SEIS POEMAS GALEGOS DE FEDERICO GARCÍA LORCA", por María de la Figuera, Doutora en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid

Eventos
04/12/2018
04/12/2018
12/04/2018

Conferencia "SEIS POEMAS GALEGOS DE FEDERICO GARCÍA LORCA", por María de la Figuera, Doutora en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid

-

Este poemario, que é o único que Federico García Lorca non publicou en castelán, tivo un gran éxito e foi o libro en galego do século XX máis reeditado, traducido e versionado.

María de la Figuera é catedrática de Lingua Castelá e Literatura e Doutora en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid.

Publicou "Unamuno: de la pesadilla nihilista al ensueño de totalidad", Revista de Anales do Seminario de la Historia de la Filosofía (UCM); "La risa como expresión lúcida de la paradoja existencial" (Tesis doctoral), publicada pola UCM; "Son estelas en el mar", novela para acercar a literatura ao público mozo ambientada en Cangas de Morrazo.

Imparatiu diversas conferencias, entre as que destacan: "Hable con ella", Almodóvar en clave lorquiana. Congreso sobre o cine de Almodóvar na Universidade Castela a Mancha (2004); "Presentación e reflexión sobre o libro "Últimas noticias del paraíso", de Clara Sánchez; "España, dos milenios de historia"; e "Los libros arden mal", conferencia impartida en 2015 e 2016.

Federico García Lorca visitou en varias ocasións Galicia, algunha delas coa súa compañía teatral La barraca. A Lorca gustáronlle as verdes paisaxes galegas e os monumentos e as rúas empedradas de Santiago de Compostela.

García Lorca que era xa unha figura recoñecida en toda Europa, tras publicar Romancero gitano (1924-27) e Poeta en Nueva York (1929-30), atrévese co galego e poetiza nesta lingua, coa axuda de Eduardo Blanco Amor e animado polo seu amigo o actor ferrolán Ernesto Guerra da Cal

Publicou en 1935 un libro titulado Seis poemas galegos, na Editorial Nós, dirixida desde Santiago de Compostela por Ánxel Casal. Os seis poemas son: "Madrigal á cibdá de Santiago", "Romaxe de Nosa Señora da Barca", "Cantiga do neno da tenda", "Noiturnio do adoescente morto", "Canzón de cuna pra Rosalía de Castro, morta" e "Danza da lúa en Santiago".

 

12 Abril 2018
Eventos
Imaxes