18/07/2024
Conferencias organizadas por MUVICLA
Estas actividades están asociadas á exposición "Coidamos da terra. Coidamos da xente" que durante o mes de xullo acolle a Casa de Galicia en Madrid.
"Territorio e agricultura, aprendendo do pasado, mirando ao futuro", por Quico Ónega, enxeñeiro agrónomo, investigador do "Laboratorio do Territorio", da Universidade de Santiago de Compostela.
"O glamour é do máis rural que hai", por Brais Vázquez Bande, estudante de terceiro curso de Enxeñería Agrícola na Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo.
"Da escola á granxa", aposta polo futuro do rural desde a educación infantil e primaria", por Carlos A. Rodríguez Rodríguez, enxeñeiro agrónomo da área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación Provincial de Lugo.
18 Xullo 2024
Eventos
Participantes
Carlos Gilarranz Casado, que presenta e modera as conferencias.
Quico Ónega, enxeñeiro agrónomo, investigador do "Laboratorio do territorio", da Universidade de Santiago de Compostela.
Brais Vázquez Bande, estudante de Enxeñería Agrícola da Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo.
Carlos A. Rodríguez Rodríguez, enxeñeiro agrónomo da área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación Provincial de Lugo.