19/11/2024
"Del Ferrocarril Compostelano a la Alta Velocidad, 150 años de imágenes e historias contadas" de Carlos Abellán chega á Casa de Galicia en Madrid
Carlos Abellán, ex director do Museo do Ferrocarril Madrid-Delicias, presenta na Casa de Galicia a súa obra "Del Ferrocarril Compostelano a la Alta Velocidad, 150 años de imágenes e historias contadas". O libro recolle as diferentes etapas polas que pasou o ferrocarril en Galicia e as múltiples liñas ferroviarias que se estenden polo seu territorio desde hai 150 anos. 400 páxinas a través das cales o lector poderá descubrir a historia deste medio de transporte.
O libro está prologado por Ana Pastor Julián que resalta "a profunda marca na identidade e no progreso de Galicia e de España grazas á evolución do ferrocarril"
19 Novembro 2024
Eventos