Espectáculo de maxia e humor ASOMBROSAMENTE INCRIBLE, polo ilusionista pontevedrés LUIS BOYANO.
Neste espectáculo o público poderá gozar de asombrosos efectos de Maxia Mental, dun mundo misterioso onde o poder da premonición e a telepatía estarán presentes en todo momento. O acto inclúe o número "A cabina dos espíritos", que foi premio mundial de maxia.
LUIS BOYANO é licenciado en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. No ano 1984 trasládase a vivir a Madrid onde termina a especialidade de Psicoloxía Pedagóxica na Universidade Complutense.
Paralelamente fórmase en distintos campos artísticos como: Interpretación, Expresión Corporal, Pantomima, Clown e Maxia.
Os seus primeiros pasos no mundo artístico desenvólvense no Teatro de Calle e no Circo, onde adquire a experiencia que, máis tarde, demostra en Centros Culturais coa creación dos seus primeiros espectáculos de Maxia e Mimo.
Desde o ano 1992, sen abandoar a súa actividade teatral, centra a súa carreira artística no mundo empresarial, sendo o primeiro en introducir en España a “Maxia Corporativa”, aportando así unha nova forma de comunicar mensaxes e produtos para grandes empresas e multinacionais.
O éxito e a estreita relación co sector de Entretemento Corporativo lévano a crear no ano 1997 “Solucións Máxicas”, empresa que dirixe e que está dedicada á contratación artística e á realización e deseño de todo tipo de eventos.
O espectáculo que presenta na Casa de Galicia en Madrid permitirá gozar aos presentes de asombrosos efectos de Maxia Mental. Luis Boyano e Florencia non só sorprenderán ao público, tamén os conducirán por un mundo misterioso onde o poder da premonición e a telepatía estarán presentes en todo momento.
A participación dos espectadores é clave para o desenvolvemento do show. Estes poderán comprobar e analizar o material que posteriormente o mago utilizará para os seus efectos, desta maneira, sentirán a emoción do inexplicable moi preto dos seus ollos e os seus sentidos.
Para finalizar o espectáculo resérvanos un impactante acto recuperado do século XIX: “A Cabina dos Espíritos”. Xogo que recrea unha sesión de espiritismo e sobre o cal xira toda a función. A médium, atada por dous voluntarios, utilizará o poder mental para o asombro de todos os presentes; mover obxectos ou adiviñar e escribir datos relacionados co público só no comezo dun número que levou a Luis Boyano a ser galardoado co Premio Nacional e posteriormente co Premio Mundial de Maxia, outorgado pola Federación Internacional de Sociedades Máxicas.
Unha vez máis o misterio e a maxia van da man para ofrecernos un espectáculo AsombrosaMENTE incrible.