Espectáculo teatral "MOITA MAXIA… E HUMOR GALEGO", polo ilusionista pontevedrés Luis Boyano

Eventos
04/18/2017
04/18/2017
18/04/2017

Espectáculo teatral "MOITA MAXIA… E HUMOR GALEGO", polo ilusionista pontevedrés Luis Boyano

-

O mago galego ofrecerá unha actuación dirixida a un público de todas as idades que, nesta ocasión, estará especialmente centrada na parte teatral, con moita comedia, maxia visual e mimo.

Luis Boyano é licenciado en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. No ano 1984 trasládase a vivir a Madrid onde termina a especialidade en Psicoloxía Pedagóxica na Universidade Complutense.

Paralelamente fórmase en diferentes campos artísticos como: Interpretación, Expresión Corporal, Pantomima, Clown e Maxia.

Os seus primeiros pasos no mundo artístico desenvólvense no Teatro de Calle  e no Circo, onde adquire a experiencia que máis tarde lle abre as portas ao mundo do teatro e a televisión, onde colabora en diferentes programas como actor, mago e presentador.

Desde o ano 1992, sen abandonar a súa actividade teatral, centra a súa carreira artística no mundo empresarial, sendo o primeiro en introducir en España a "Maxia Corporativa", achegando así unha nova forma de comunicar mensaxes para grandes empresas e multinacionais.

O seu éxito e estreita relación co sector do Entretemento Corporativo lévanlle a crear no ano 1997 "Soluciones Mágicas", empresa que dirixe e que está dedicada á contratación artística e á realización e deseño de todo tipo de eventos.

A súa faceta artística, os seus dotes de gran comunicador e a súa formación en psicoloxía, leváronlle a colaborar cos departamentos de RRHH, impartindo charlas motivacionales como complemento a cursos de formación.

Recentemente é profesor titular no Real Centro Universitario Escorial - María Cristina, no Programa Universitario de Ilusionismo "Wenceslao Ciuró".

 

18 Abril 2017
Eventos
Imaxes