Estrea da curtametraxe "CELSO EMILIO FERREIRO, O POETA DA VIDA"

Eventos
05/29/2014
05/29/2014
29/05/2014

Estrea da curtametraxe "CELSO EMILIO FERREIRO, O POETA DA VIDA"

-

Na estrea da curtametraxe intervirán D. Plácido Romero, coordinador do DVD "102 testemuños de aniversario"; D. Aser Álvarez, director do documental; e D. Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración.

Trátase dunha aproximación contemporánea, non académica e fresca do cineasta Aser Álvarez, á figura de Celso Emilio Ferreiro.

A curtametraxe, subtitulada en inglés, é unha versión reducida, unha síntese con claro obxectivo didáctico, da longametraxe documental "100% CEF", que foi elixida mellor documental nos premios Mestre Mateo 2013. A cinta combina unha caracterización do autor a cargo de Luis Tosar, con testemuños dos seus biógrafos e xente achegada ao poeta de Celanova. 

Documental biográfico que non aspira a abarcar toda a súa vida e obra, senón que se trata dun exemplo interpretativo onde se dá voz a xente moi diversa e heteroxénea.

Esta montaxe é o resultado dun intenso traballo de investigación e aportación á vida e obra do poeta de Celanova, que levou ao equipo dirixido por Álvarez a rebuscar en arquivos de Asturias, Celanova, Madrid, Vigo, Pontevedra e Venezuela.

29 Maio 2014
Eventos
Imaxes