II FEIRA DA SAÚDE, organizada por ASOMEGA (Asociación de Médicos Gallegos)

Eventos
04/19/2023
04/21/2023
19/04/2023 - 21/04/2023

II FEIRA DA SAÚDE, organizada por ASOMEGA (Asociación de Médicos Gallegos)

A Casa de Galicia en Madrid acolle a segunda edición da Feira da Saúde de ASOMEGA, un evento aberto á cidadanía en xeral, que se celebrará os días 19, 20 e 21 de abril nas nosas instalacións.

As xornadas constan de mesas, conferencias, charlas e coloquios do máximo interese, onde se reúnen ponentes dun nivel asistencial, académico e científico do que poucos eventos poden presumir.

Destaca a xornada do venres, na que se entregará a Insignia de Ouro de Asomega 2022, que nesta ocasión concédese aos tres institutos de investigación sanitaria de Galicia (IDIS, INIBIC e IIS Galicia Sur), exemplo de vangarda no panorama da investigación española e europea.

Como preludio a este acto, celebrarase un coloquio muy especial no que se terá a ocasión de gozar da sabedoría, coñecemento e solvencia científicas de dúas figuras crave da investigación galega: María José Alonso e  Ángel Carracedo. 

 

19 Abril 2023
-
Eventos
Imaxes