Inauguración da exposición 'A Vía da Prata, aires do sur'

Eventos
04/02/2025
04/02/2025
02/04/2025 - 02/04/2025

Inauguración da exposición 'A Vía da Prata, aires do sur'

A exposición fotográfica A Vía da Prata, aires do sur chega á Casa de Galicia en Madrid, procedente da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela). Esta mostra reflexiona sobre a diversidade e a interrelación entre tradicións e culturas, sobre a soidade, a distancia e o paso do tempo, cunha ollada que retrocede no tempo.  

A Vía da Prata, aires do sur conta con un total de 76 fotografías que se estenden ao longo do percorrido desta ruta xacobea. Un relato único no que teñen cabida obras de grandes fotógrafos clásicos.

Poderás adquirir o catálogo da exposición na Libraría Institucional da Xunta de Galicia

A inauguración terá lugar o día 2 de abril ás 12,00h. na sala Emilia Pardo Bazán.

02 Abril 2025
-
Eventos
Sala
Sala Emilia Pardo Bazán
Imaxes