Inauguración da exposición de escultura "INCÓGNITAS", de Paz Santos
A escultora basea a súa obra na madeira, material que transforma en arte de variadas formas. Santos, licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid, realiza pezas rotundas e á vez lixeiras que impactan no observador.
A mostra poderá visitarse ata o 30 de novembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
Realizou máis de 30 exposicións individuais en Madrid, en galerías como Buades, MW, Eegee-3, Ra del Rey, ademais do Círculo de Belas Artes, Museo Tiflológico e Sala de Telefónica da Praza de España. Realizou a Preinauguración do Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte en Corme Porto (A Coruña). Sevilla, Cantabria, Soria, A Rioxa, Viena e Londres foron outros lugares nos que coñeceron de forma individual a súa obra.
As súas obras inspíranse na natureza co obxecto de convertelas en beleza nas diferentes contornas.
Xunto a outros artistas participou en exposicións como Art Madrid (2006), foi participante e organizadora como membro de Artistas Plásticos sen Fronteiras do conxunto Monumental en recordo ás Vítimas do 11 M na Estación do Pozo en Madrid.
Entre as súas esculturas públicas destaca Homenaxe ao estudante, Instituto Politécnico do Exército (Madrid 1990); e Conmemoración a Frei Tomás de Berlanga, Praza de Berlanga de Duero (Soria 1999).
Nesta exposición o soporte predominante é a madeira que é tamén a materia. Podiamos dicir que dunha peza de madeira Paz Santos consegue unha forma que se soporta na mesma madeira que é a base da obra. Son pezas únicas, macizas pola súa rotundez e ao mesmo tempo lixeiras polo seu tratamento, polos ocos que conteñen, pola forma de sacar, de escarbar, de minar un soporte ata deixalo reducido a unha peza, a unha obra de arte onde o soporte segue sendo o mesmo que antes de empezar a obra.