Inauguración da exposición de escultura "MIRADAS DE AUTOR", de Alfonso Rivero de Aguilar

Eventos
10/02/2014
10/02/2014
02/10/2014

Inauguración da exposición de escultura "MIRADAS DE AUTOR", de Alfonso Rivero de Aguilar

-

Alfonso Rivero de Aguilar presenta a súa última colección de esculturas, unha selección de 17 obras realizadas en diferentes materiais como granito ou mármore de Griotte; soportes dos que o artista saca toda a súa dutilidade, extraendo formas nas que a natureza é a súa máis importante fonte de inspiración. Esta mostra poderá contemplarse ata o 30 de outubro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Os seus comezos na escultura son consecuencia dunha evolución da súa intranquilidade artística con respecto á pintura, na que nunca se viu realizado. Despois de coñecer ao escultor Camilo Otero, comeza nel a conciencia de todo o relacionado coa arte e en concreto coa escultura, entendendo esta como elemento vital da alma, crear, dar vida á pedra é o seu soporte diario.

Para este escultor, a sensibilidade do acabado da pedra é un dos máis importantes factores da súa obra, unha obra que nos seus inicios era claramente figurativa e que está evolucionando cara a unha escultura na que os espazos empezan a cobrar protagonismo, debido ao interese e estudo do artista pola obra de escultores máis conceptuais.

02 Outubro 2014
Eventos
Imaxes