Inauguración da exposición de escultura "O BULEBULE DOS SOÑOS", de Xoán Vila
Procedente das artes populares e posuidor do oficio da talla, dominador das súas técnicas, recursos e ferramentas, o artista lucense presenta unha colección de pezas elaboradas en madeira natural tallada e policromada, que poderá contemplarse ata o 27 de febrero en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
FORMACIÓN
Escola de Artes Aplicadas E.A.A.O.A. Lugo. Especialidade Escultura
C.E.N.T.R.A.D. Lugo. Técnicas de Volume e Escultura
En 1990 coñece en Santiago ao profesor e escultor Aldrey Lázare (artista de recoñecido prestixio e discípulo de ASOREY), co que chega a ampliar os seus coñecementos artístico-culturais.
Pronto empeza a expoñer de forma continuada. Traballa sempre na plástica, experimentando con formas e materiais nobres, procurando unha linguaxe íntima coa arte e a natureza, sendo esta unha constante na súa vida.
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS (selección desde o ano 2000)
Sala O.P. Correos (León), Sala Spaces (Lisboa), Museo Provincial de Lugo, Sala Deputación de Lugo, Ateneo Ferrolán (Ferrol), Museo Fonsagrada (Lugo), Instituto Anxel Fole (Lugo), Sala O.P. Correos (Oviedo), Correos Santiago, Casa da Cultura Vegado (Oviedo), Auditorio de Villalba, Galería Burela, Xunta de Galicia.
En 2008 e 2009 foi convidado a participar nos Salóns de A’utonne Espace Champerret de Paris.
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS (selección desde o ano 2000)
Bienal Internacional Salón de Outono de Sarria (Lugo), Exp. Góis-Arte (Portugal), Mail-Art. Exp. Itinerante Correos (España), Galería d’Art ARAGÓN 232 (Barcelona), Salón de Arte 120 (Barcelona), Deputación A Coruña Itinerante (Galicia), Entole-Arte, proxecto de creación artística multidisciplinar organizado polo Museo de Lugo, XIX Exp. de Pintura e Escultura de Cangas de Morrazo (Pontevedra), Sala da Arquería (Madrid)…
PREMIOS (selección desde o ano 2000)
Debido á súa participación en certames, comeza a recibir premios e o recoñecemento por parte da crítica. Foi distinguido con numerosas distincións: primeiro premio escultura Bienal Meigas e Tragos (Lugo), segundo premio nacional de escultura do Ministerio de Fomento (Madrid), primeiro premio nacional de escultura XVI Certame Galería Burela (Lugo), Mención de Honra XIV Certame Internacional Concello de Cangas (Pontevedra)…
Algunhas das súas obras engrosaron nos últimos anos os fondos de distintos museos, institucións públicas e coleccións privadas.