Inauguración da exposición de fotografía "CLUB RAZA CAN DE PALLEIRO. Raza autóctona galega"

Eventos
05/07/2014
05/07/2014
07/05/2014

Inauguración da exposición de fotografía "CLUB RAZA CAN DE PALLEIRO. Raza autóctona galega"

-

Con esta mostra fotográfica, o Club pretende dar a coñecer as características da Raza Can de Palleiro, un pastor galego en perigo de extinción. O Club Can de Palleiro desenvolve o seu labor de recuperación desta raza autóctona desde o ano 2002. Poderá visitarse ata o 30 de maio, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

A orixe do Can de Palleiro está nas rexións de Centro Europa, que coas migracións se asentou no norte e noroeste de España. Tratábase dun can sufrido e traballador, incansable, que se empregaba para levar as vacas no prado e impedir que se escaparan, acompañaba a anciáns e nenos nas casas e avisaba da presenza de estraños. O nome "can de palleiro" vén do feito de que en épocas de escasez era un can considerado animal de segunda, que sobrevivía comendo o que atopaba e durmindo no palleiro.

No ano 2002 constitúese o Club de Raza do Can de Palleiro, única entidade recoñecida oficialmente pola Xunta de Galicia como colaboradora na recuperación da raza e que se encarga da parte práctica de todo este proceso. O seu obxectivo é principalmente que esta raza se consolide e sexa un referente no futuro.

Na actualidade existen algo máis de 600 exemplares rexistrados por toda Galicia, e algún fóra de Galicia como en Noruega, México, Brasil, Castela-León, País Vasco e Cataluña.

07 Maio 2014
Eventos
Imaxes