Inauguración da exposición de fotografía, do artista ferrolán ELOY TABOADA: "De Uruk a Asiria. Arqueoloxía galega na orixe da civilización"

Eventos
09/09/2013
09/09/2013
09/09/2013

Inauguración da exposición de fotografía, do artista ferrolán ELOY TABOADA: "De Uruk a Asiria. Arqueoloxía galega na orixe da civilización"

-

Esta mostra forma parte do Proxecto Arqueolóxico Medio Éufrates Sirio da Universidade da Coruña, coa que se pretende dar a coñecer ao público amante da historia as investigacións da arqueoloxía galega na orixe da civilización. Poderá visitarse ata o 29 de setembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Na fértil planicie de Mesopotamia, hoxe Irak e Siria, tiveron lugar acontecementos históricos de gran trascendencia para a historia da Humanidade. Foi alí onde o hombre empezou a escribir por primeira vez, onde naceron as primeiras cidades, onde floreceron as primeiras monarquías, onde se compuxeron as primeiras epopeias, onde se crearon as primeiras bibliotecas, etc. En resumo, podemos definir as terras regadas polos ríos Éufrates e Tigris como a orixe da civilización.

Pasaron moitos anos desde que en 1842 a arqueoloxía francesa sacou á luz as primeiras probas históricas da antiquísima civilización dos asirios, que só coñeciamos pola Biblia e polo relato dos historiadores gregos e latinos. A pesar dos anos transcorridos desde aquel descubrimento, son moitas as incógnitas que aínda persisten sobre a historia da antiga Mesopotamia.

Co obxectivo de dar resposta a algúns destes interrogantes nacía en setembro do ano 2004 o "Proxecto Arqueolóxico Medio Éufrates Sirio" (PAMES), grazas a un acordo de colaboración entre a Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña (Campus de Ferrol) e a Dirección General de Antigüedades y Museos de Damasco (Siria).Ol obxectivo central polo que nacía este proxecto científico é o de estudar o concepto de territorio e de fronteira na rexión do Medio Éufrates sirio durante a Antigüidade preclásica.

A rexión elixida para levar a cabo a investigación é un sector do val do Éufrates, no oeste de Siria. Todos os esforzos do equipo de PAMES céntranse nol estudo de dous xacementos arqueolóxicos da garganta de Khanuqa. Os traballos de campo e de laboratorio céntranse en dúas liñas de investigación prioritarias: a cultura de Uruk e as orixes da civilización urbana (3500 a.C.), e a política expansionista do imperio Asirio Medio (1250 a.C).

Na actualidade, o traballo sobre el terreo encóntrase paralizado debido á difícil situación que vive Siria.

09 Setembro 2013
Eventos
Imaxes