Inauguración da exposición de fotografía "Metáforas, continxencias, circunloquios... e outras guindas", de ROMAN MONTESINOS

Eventos
09/10/2014
09/10/2014
10/09/2014

Inauguración da exposición de fotografía "Metáforas, continxencias, circunloquios... e outras guindas", de ROMAN MONTESINOS

-

Fotógrafo coruñés, amplamente recoñecido pola súa xenialidade e pola súa equilibrada técnica, presenta unha colección inédita de dezaséis "metáforas visuais" ou "fotografías metafóricas". A mostra poderá visitarse ata o 28 de setembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

As fotografías metafóricas de Román Montesinos (A Coruña, 1952) intentan evocar distintos tipos de sentimentos conxugando o material (obxectos diversos e/ou persoas) co anímico e poden conter varios planos inmersos. Na súa obra predominan os dobres sentidos e, con bastante frecuencia, un humor subxacente. 

A súa forma de ver a fotografía é periférica. Non é o que ve, senón o que transforma o seu cerebro, recreando a realidade con outra realidade, percibida por el e comunícanola aos demais con imaxes sorprendentes, nunha linguaxe proporcionada á nosa capacidade de interpretación, variable moitas veces segundo o noso estado de ánimo.

Xeólogo, profesor na Facultade de Bioloxía da Universidade de León durante 9 anos, actualmente desenvolve o seu labor docente na Universidade da Coruña, doutor en Xeoloxía pola Universidade de Oviedo, especializado en Paleontoloxía. Na súa época profesional sempre estivo ligado dalgunha forma á fotografía, polo menos no que se refire á fotografía "científica". De feito, a súa condición de paleontólogo fixo que tivese que fotografar multitude de especímenes para os seus traballos. 

Os seus primeiros inicios na fotografía datan aproximadamente de finais dos anos 60. Sendo estudiante participou en varias exposicións e obtivo un premio no "I Salón de Fotografía Geológica". Retomou a súa actividade fotográfica e expositiva coa evolución da fotografía dixital. Dende 2009 ata a actualidade realizou 33 exposicións individuais e varias colectivas.

10 Setembro 2014
Eventos
Imaxes