Inauguración da exposición de pintura "ACUARELAS", de ÁNGEL Mª LEYRA FARALDO

Eventos
06/05/2024
06/05/2024
05/06/2024

Inauguración da exposición de pintura "ACUARELAS", de ÁNGEL Mª LEYRA FARALDO

A exposición poderá visitarse ata o domingo, 30 de xuño, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Ángel Mª Leyra Faraldo (1938-2021) era fillo do pintor de José Leyra Domínguez. Desde a súa mocidade viviu nunha contorna próxima á arte e á cultura, pois o seu pai era un intelectual galego con gran afección á pintura e posuía unha excelente biblioteca. A maior parte da súa obra pictórica en acuarela desenvólvese entre os anos cincuenta e sesenta e algunha das súas obras foi premiada en Santiago mentres estudaba Dereito, e en 1982 obtivo o segundo premio na exposición nacional de Funcionarios da Administración Social. Igualmente leste mesmo ano foi galardoado co segundo premio de acuarela na exposición celebrada no Algarbe.

A acuarela foi a súa técnica. Pintura aparentemente sinxela pero tamén de non fácil dominio. Nas súas obras, o artista móstrase como un namorado da paisaxe galega; unha paisaxe idealizado no que tenta atrapar o fermoso do cotián. O mar, os campos, as pedras compostelás... a Galicia eterna é o que nos transmiten as súas pinceladas. 

05 Xuño 2024
Eventos
Imaxes