Inauguración da exposición de pintura "CUBA E GALICIA: Unha historia compartida", do artista cubano Julio Lorente
Cuba entrou na historia de Occidente da man de España. Falar da historia de ambas as nacións supón mencionalas indistintamente no que foi unha simbiose cultural de indubidable presenza no tempo. Esta exposición, composta por catorce óleos, parte desta intención argumental, onde a historia de Cuba e Galicia comparten espazos. Julio Lorente pretende realizar un repaso anecdótico e metafórico pola memoria compartida de dous territorios que o tempo e a historia relacionaron. A mostra poderá contemplarse na sala "Álvaro Cunqueiro", en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
Os catorce lenzos que conforman esta mostra son xanelas metafóricas ao que ha emparentado a estes dous lugares que, distantes xeograficamente, terminan vinculándose por medio da historia, que desde un punto de vista político comeza coa vinculación de Cuba e España mediante o descubrimento de Colón, pero que neste caso ten a finais do século XIX e principio do XX, coa inmigración galega a Cuba, o detonante dunha relación que trasmuta e resulta en identidades culturais compartidas e próximas. Hoxe moitos cubanos regresan a Galicia buscando os seus antepasados e oportunidades económicas, tal como aqueles galegos que partían do porto da Coruña imaxinando atopar na illa do Caribe un novo comezo. A historia é un ciclo vital que se repite moitas veces de forma poética e elocuente.
Julio Lorente (1988) é un artista cubano graduado do Instituto Superior de Arte (ISA), A Habana (Cuba) 2012. A súa obra baséase xeralmente na pintura, aínda que tamén utiliza outros medios artísticos como a escultura, o debuxo e medios alternativos. A súa obra manexa unha ampla marxe temática que toca temas históricos, culturais e políticos. No 2009 obtivo o premio Batiscafo, auspiciado pola Embaixada Inglesa en Cuba. E neste 2023 a súa obra "Amor Fati" ingresou na Colección da Santa Sé (Vaticano).
Exposicións Persoais
- "TRES HISTORIAS", Museo da Revolución, Ciudad da Habana, 2019.
- "Paisaxe líquida", Oficina da Revista Premier Expert, Moscova (Rusia), 2016.
- "HEI". 11na Bienal da Habana, ISA, Ciudad da Habana, 2012.
- "Welcome to Christie’s". Sala Teatro “Beltroch Brecht”, Ciudad da Habana, 2010.
- "De como o pasado se parece ao futuro". ISA, Ciudad da Habana, 2009. Colateral á 10ma Bienal da Habana.
Exposicións Colectivas
- "As tres beiras". Galería Kir Royall, Barcelona (España), 2015.
- "VIESNA", Galería Municipal, Togliatti (Rusia) 2014.
- "Programa de Residencias, BATISCAFO". Sala Teatro Beltroch Brecht, Ciudad da Habana, 2010.
- "O viaxeiro inmóbil". ISA, Ciudad da Habana, 2008.