Inauguración da exposición de pintura de ALICIA ANTÓN
Na exposición de Alicia Antón, cada cadro é unha emoción. Poderán contemplarse óleos onde escenas urbanas falan de soedade ou de nostalxia; pinturas onde figuras humanas descansan, soñan ou simplemente esperan; e incluso composicións abstractas que obrigan á meditación. A enorme capacidade pictórica desta artista poderá visitarse ata o 30 de decembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
Alicia Antón Alicia Antón nace en Madrid en 1946. A súa formación pictórica vinculada á academia de Eduardo Peña complétase con estudos de perfeccionamento no Círculo de Belas Artes.
Desde o ano 1964 a súa traxectoria artística comeza a dar froito na exposición da Galería Torsón de Madrid, aos 18 anos.
Na pintura de Alicia Antón pódese aprezar unha evolución mediante a cal dulcifica paulatinamente os rasgos e se decanta por unha gama cromática predominantemente fría. Isto último apreciámolo nas paisaxes arquitectónicas, onde rebosan as gamas grises, verdes e brancas, sabiamente matizadas con algunha tonalidade cálida, procedente das colores da terra.
Ademais das paisaxes urbanas, tamén é tema recorrente a figura humana, en especial a figura feminina, sepre pura expresión de si mesma, enchendo o espazo, desentendida de calquera contorno que non sexa máis que puramente imprescindible para suxerirnos algo case intanxible.
E como se quixera dar aínda maior liberdade á súa vocación, compón uns abstractos que falan tamén dunha certa soedade silente.