Inauguración da exposición de pintura de ALICIA SOLLA
Gran calidade técnica e profundo coñecemento da harmonía e da rima cromática caracterizan a mostra de pintura que presenta a artista de orixe vigués, Alicia Solla. Beleza pura da forma e a color, incontaminada de reminiscencias da realidade, creada pola imaxinación pictórica da autora. Esta mostra poderá visitarse ata o 28 de marzo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
ALICIA SOLLA nace en Vigo, onde pasa a súa infancia e primeira xuventude, vivindo posteriormente en diferentes cidades españolas. Durante os anos 1976-1979 estuda pintura na Escola de Alberto Castro Couso en Vigo, onde se reúne con outros pintores novos formando o grupo Abracadabra, e cos que exporá en diferentes cidades de Galicia.
A partir do seu traslado a Cuenca, en 1983, a súa visión da vida vai sufrir un cambio importante, o cal se reflicte na súa pintura: abandona case por completo o óleo, experimentando con diversas técnicas sobre papel e empeza unha obra de carácter máis intimista, de acentuado expresionismo.
Nesta etapa descobre a súa vocación poética, que queda recollida en varios libros ilustrados e confeccionados a man. Asi mesmo empeza a interesarse pola fotografía, o que se plasma nunha serie de proxeccións de diapositivas en varias salas e galerías.