Inauguración da exposición de pintura de ANTONIO MARTÍNEZ (CACHI)

Eventos
01/09/2018
01/09/2018
09/01/2018

Inauguración da exposición de pintura de ANTONIO MARTÍNEZ (CACHI)

-

As paisaxes da Guarda, o mar, o río, as pedras son os protagonistas da colección de lenzos que presenta Antonio Martínez, " Cachi", e que se poderán visitar ata o 31 de xaneiro en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Nacido no barrio guardés chamado La Robaleira, Antonio Martínez (Cachi) cultivou a paixón pola pintura desde moi novo. A súa contorna mariñeira influíu decisivamente na súa pintura. Cursou estudos de delineante en Vigo e en 1979 realizou a súa primeira exposición de óleos.

As súas obras son unha linguaxe co observador, unha invitación, un agasallo para os ollos, tenta captar cunha pincelada exacta ese momento máxico que lle proporciona a natureza, ese diálogo persoal que ten coas cores da vida, que lle motivan a buscar con sensibilidade, serenidade e firmeza esa obra máxica.

09 Xaneiro 2018
Eventos