Inauguración da exposición de pintura e escultura "METAL E MADEIRA. MIRADA E TACTO. 2023", do artista lucense MIGUEL NÚÑEZ
Miguel Núñez, que conta cunha traxectoria de máis de 25 anos, preséntanos unha mostra moi ampla de pezas, coa que establece un diálogo entre materias, a madeira e o metal, para confluír nunha mestura de volumes e texturas que cobran formas sorprendentes, ben en escultura, ben en pintura.
MIGUEL NÚÑEZ é un artista multidisciplinar. O seu interese pola arte comezou hai 27 anos, como creador, esculpiendo en granito así como en madeira. Durante anos foi asimilando, de modo autodidacta, o desempeño en distintas técnicas tanto de escultura como pintura Inspirándose en diferentes traballos e artistas, pero buscando non entrar no nicho creativo de ninguén.
Perseguindo a idea de atopar unha acertada mestizaxe entre unha escultura e un cadro ou entre unha pintura e unha obra máis tridimensional, empezou a experimentar coa idea de moldear o suficiente un metal como para transformalo nun soporte crible e fundamentado para un cadro. Neste aspecto o zinc pareceulle interesante, pola súa maleabilidade, durabilidade e relativa lixeireza.
Con esta intención ideou os cadros en metal que presentou na primeira parte deste proxecto; na exposición que realizou en "O Vello Cárcere", en Lugo (21/Xaneiro/2021-10/Abril/21).
E con esa intención tamén configurou os cadros en metal que a partir do 4 de abril mostra nas dúas salas principais da Casa de Galicia en Madrid. En palabras do artista, esta mostra achega unha síntese suxestiva e diferente: a frialdade austera do metal reconciliando a súa dureza nun diálogo das formas que se volve diferente. Cada obra busca ser unha chave para abrir unha nova impresión e, á vez, atopar esa actitude ao mirar que se esperta co tacto; tocando.
NOTA: As exposicións da Casa de Galicia poden estar temporalmente pechadas ao público cando nas súas salas están a ter lugar outros eventos que forman parte da súa programación de actos.