Inauguración da exposición de pintura, "GALICIA, O PAÍS DAS MARABILLAS", de RAÚL VELLOSO

Eventos
01/10/2019
01/10/2019
10/01/2019

Inauguración da exposición de pintura, "GALICIA, O PAÍS DAS MARABILLAS", de RAÚL VELLOSO

-

De formación autodidacta e discípulo de Tapies, Raúl Velloso presenta unha mostra da súa obra pictórica que reflicte unha personalidade moi definida, un estilo recoñecible baseado nun debuxo groso, un colorido plano e vibrante e volumes sinuosos.

A exposición, que non deixará indiferente ao espectador, poderá visitarse ata o 31 de xaneiro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

RAÚL VELLOSO LAGO. De formación autodidacta, esperta a súa vocación artística nos anos 90, cando residía en Barcelona. Alí descóbrelle casualmente Antoni Tapies, quen lle deu consellos que Velloso garda e aplica na súa arte. Apadriñoulle e durante anos ensinoulle na súa casa as técnicas dos pigmentos, as texturas, os materiais e a cor. Foi o único artista que pintou no seu estudo e traballou co mestre durante anos. A influencia de Gaudí, a arquitectura da cidade condal e a súa formación con Tapies marcaron os seus comezos e a súa traxectoria.

Tras esta etapa, Velloso regresa á súa Galicia natal e instala o seu estudo en Cangas do Morrazo. Comeza unha intensa e frutífera etapa, onde experimenta co costumismo galego, a arquitectura da súa terra e os faros que non pode deixar de interpretar, sempre fiel ao seu estilo.

A obra de Velloso estivo exposta nas feiras de arte máis prestixiosas do mundo, como Art Basel Miami, Art Basel Suíza ou Arco Madrid. A pesar de expoñer tamén en prestixiosas galerías de Barcelona, Madrid, Chicago, Kioto, Berlín, Xénova ou Londres, Raúl Velloso necesita expoñer en casa e sempre reserva varias semanas ao ano para mostrar en Galicia a súa obra.

Velloso ten unha personalidade moi definida baseada nun debuxo groso moi sintético que podería cualificarse de naif picassiano, un colorido plano e vibrante e uns volumes sinuosos que conxugan o xeométrico cunha organicidade emparentada tanto co decorativo modernismo catalán como co rudo románico galego.

Todas as súas obras caracterízanse por un inxente atractivo visual conseguido a través do decorativismo dos valores plásticos que extrae de figuras e edificacións. Sorprendente é o caso da reprodución dos faros, cal exultantes formas cilíndricas que fai emerxer cromaticamente de paisaxes imposibles ou os edificios máis cotiáns aos que dota dunha máxica e suxestiva irrealidade.

10 Xaneiro 2019
Eventos
Imaxes