Inauguración da exposición de pintura "A ILLA DO SANTO", de Pilar Pérez Abilleira

Eventos
06/03/2014
06/03/2014
03/06/2014

Inauguración da exposición de pintura "A ILLA DO SANTO", de Pilar Pérez Abilleira

-

Artista multidisciplinar viguesa cuxas obras están inspiradas na poesía e a innata sensibilidade da autora. A súa exposición poderá visitarse ata o 27 de xuño, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Pilar Pérez Abilleira é unha artista afincada en Vigo desde hai moitos anos. A poesía na súa obra é fundamental, non só na escrita, senón  tamén no resto das creacións. A natureza, certos aires de decadencia, a sinxeleza, a soedade, a temática introspectiva e vital son elementos do seu universo particular, a súa esencia na concepción da súa arte/vida.

A súa obra, indivisible da súa propia vida e indefinible desde o punto de vista artístico, inclúe desde unha serie de caixas con obxectos físicos e outros construídos con papel, a collages, esculturas, haikus...

 Participou en diversas exposicións.

Exposicións individuais:

- Librería Lello & Irmao (Porto-Portugal).

- Cámara Municipal de Melgaço (Portugal).

- Casa da Xuventude (Viana do Castelo - Portugal).

-"El tiempo de las tragedias absurdas". Fundación Cuña-Casasbellas (Pontevedra).

Exposicións colectivas desde 1997:

- Bienal Internacional de Arte Vilanova da Cerveira.

- Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.

- Novos valores (Certame de Artes Plásticas de Pontevedra).

- Seleccionada para o certame de Artes Plásticas Conxemar.

03 Xuño 2014
Eventos
Imaxes