Inauguración da exposición de pintura "INTERIOR E EXTERIOR", de Amparo Salgueiro

Eventos
06/01/2015
06/01/2015
01/06/2015

Inauguración da exposición de pintura "INTERIOR E EXTERIOR", de Amparo Salgueiro

-

A cor e a forma conmoven e inspiran ao que contempla a obra pictórica de Amparo Salgueiro. A artista pontevedresa pretende, a través dos seus lenzos, que o espectador perciba sensacións que ás veces son recordos e outras, vivencias novas. A mostra poderá visitarse ata o 26 de xuño, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Amparo Salgueiro Martínez nace en Panxón-Nigrán (Pontevedra). Doutora en  Farmacia, exerce a súa profesión durante anos nesa mesma localidade. A súa paixón pola cor e a forma acompáñana desde a súa infancia, pero non é ata 2002 cando comeza a realizarse ao iniciar a súa faceta de pintora da man de Fernando Alea en Málaga, e posteriormente, a partir de 2004 realiza sucesivamente os estudos de Pintura e Debuxo na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Tamén recibiu leccións do mestre Antón Pulido.

Expuxo a súa obra en varias ocasións: “Natureza e Sentimentos”, (2010, Confederación de Empresarios de Pontevedra en Vigo); “Evolucións” (2012). Sala de Exposicións do BBVA en Vigo; “Vermello, Verde e…” (2014). Sede da Fundación COFARES en Madrid; e “Realidade e Fantasía” (2014). Sede en Vigo da Confederación de Empresarios de Pontevedra.

01 Xuño 2015
Eventos
Imaxes