Inauguración da exposición de pintura "MARES", de Keith L. Boyd

Eventos
02/05/2018
02/05/2018
05/02/2018

Inauguración da exposición de pintura "MARES", de Keith L. Boyd

-

Este pintor norteamericano soubo captar e interpretar a inmensidade e o misterio que esconde o profundo e denso mar da Costa da Morte. Pintura inquietante e, á vez, chea de luz e forza que o visitante poderá contemplar ata o 28 de febreiro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

O escritor e ex ministro de Cultura, César Antonio Molina, prologuista do catálogo desta exposición preséntanos a Keith L. Boyd máis que como un pintor neoyorkino, como un galego máis, debido ao coñecemento tan profundo que ten o artista da Costa da Morte e o seu mar. Comenta que soubo captar, entender, interpretar e levar ao lenzo a inmensa forza océanica e todo o misterio que encerra ese mar intensamente azul, denso e misterioso desta parte de Galicia.

Nacido en Nova York en 1946. Durante o Bacharelato, un amigo mostrou a un profesor de arte uno dos seus debuxos e este animoulle a estudar pintura.

Continuou a súa preparación e, motivado pola súa profunda vocación e esforzo, un dos seus traballos foi premiado, o que propiciou que os seus cadros puidesen expoñerse na galería do edificio "Lever House" en Park Avenue, onde recibiu outra mención especial por unha das súas obras. De aí xurdiu unha oportunidade de asistir a distintos talleres onde coincidiu con outros artistas en formación; con eles compartiu as súas visitas a museos, teatros e diversos recunchos en Nova York, enriquecendo os seus coñecementos dentro do mundo da arte. Da témpera á tinta chinesa e acuarelas, nos anos 60 pasou ao óleo. Naquela época irrompeu no mercado a pintura acrílica, técnica que utiliza na actualidade.

En 1968 chegou a España para cumprir o seu servizo militar obrigatorio coa Forzas Aéreas dos Estados Unidos. Seguiu pintando no seu tempo libre. Estudou pintura na Academia Pena situada na singular Praza Maior de Madrid. Posteriormente licenciouse en Arte e Historia da arte na Universidade de Maryland, con sede na Base de Torrexón.

Empezou a participar nas exposicións colectivas "20 x 20" da Galería Ra del Rey, durante máis de dez anos.

En 2005, foille concedida unha bolsa da fundación Torre Pujales en Corme para poder pintar as belezas da Costa da Morte.

En 2007, expuxo na Galería Ra del Rey de Madrid "Luz de Mares".

En 2009, expuxo no Faro de Fisterra, Fisterra, A Coruña.

En 2010, expuxo no Hotel Rural Dugium en San Salvador de Duio, Fisterra. A Coruña.

Unha das súas obras atópase no Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte en Corme.

En 2011, expuxo en Arteria, Elxe, Alacante.

05 Febreiro 2018
Eventos