Inauguración da exposición de pintura "A MIÑA VIDA A PINCELADAS", de PALOMA JAÉN

Eventos
05/08/2013
05/08/2013
08/05/2013

Inauguración da exposición de pintura "A MIÑA VIDA A PINCELADAS", de PALOMA JAÉN

-

Esta exposición móstranos un traballo serio e concienciudo da pintora madrileña, que encerra en si mesmo toda a frescura dunha nena observadora do mundo que lle rodea, neste caso, as festas na nosa terra natal e elementos cotiás da vida, algo característico da arte Naïf. As súas obras, de pequeno formato, caracterízanse pola viveza na color, radiante e chea de matices. A mostra poderá contemplarse ata o 31 de maio, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Os cadros desta exposición son un exemplo claro do que se denomina pintura naïf. Este término aplícase á corrente artística caracterizada pola inxenuidade e espontaneidade, o autodidactismo dos artistas, as colores brillantes e contrastadas e a perspectiva acientífica captada por intuición.

O naïf relaciónase, ademais de por unha inxenuidade con respecto ás técnicas e teorías para realizar obras de arte, a unha búsqueda de formas de expresión que evoca á infancia.

A temática desta exposición está relacionada coa vida rural, a vida familiar, os costumes, as tradicións e a relixión, representados sempre con gran imaxinación e vivacidade. Tamén poden observarse pinturas populares ou folclóricas.

Aos artistas deste tipo de corrente pictórica únelles as súas ganas de narrar unha historia e unha mesma idea de atraer ao espectador coas súas pinturas inocentes cheas de significado. Representan escenas costumbristas e coloridas.

É un xénero que conecta ao pintor co seu neno interior. Crea de forma despreocupada e espontánea, atendendo á súa propia poética, sen proxecto previo do resultado que queren obter. Pintura que non se aprende, que nace de cada un dos seres que a realizan.

PALOMA JAÉN nace en Madrid. Estuda Cerámica, Arte e Decoración, anos despois trasládase a Galicia onde fai as súas primeiras exposicións de pintura e logo tamén de cerámica e escultura.

08 Maio 2013
Eventos