Inauguración da exposición de pintura "O NATURALISMO POÉTICO", de Marcial Ortiz
Este artista coruñés domina todos os xéneros da pintura con excepcional mestría: bodegóns, mariñas, nus, retratos. Nas súas escenas taurinas é o mellor de España na actualidade e como paisaxista destacan as vistas rurais, os vetustos molinos e os ancestrais hórreos e cruceiros, parte esencial da alma da súa terra galega. A mostra poderá visitarse ata o 29 de abril, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
MARCIAL ORTIZ nace na Coruña, aos trece anos ingresa na Escola de Artes e Oficios desa cidade para cursar estudos de Belas Artes. Aos quince anos oncédenlle nese centro o premio de Mérito en debuxo. Foi discípulo de Luis Quintas Goyanes.
A súa primeira exposición realízaa en Pontevedra en 1975. Posteriormente expón en Lugo, Santiago de Compostela e A Coruña.
No ao 2004 expón na Casa de Galicia en Madrid. E entre os anos 2005 e 2008 presenta obra súa no Casino de Madrid nas mostras de exposicións colectivas: "Touros no Casino".
En 2009 expón en Gois (Portugal) e en Oroso (Santiago de Compostela) na "IV edición do certame internacional Orosoartes 2009".
As súas obras ilustraron portadas de libros, programas de touros e é o autor dos carteis taurinos das feiras da Coruña dos anos 2008, 2009, 2010 e 2013.
Obras súas atópanse en coleccións particulares en Estados Unidos, Italia e Francia.
Marcial Ortiz é un exquisito paisaxista do natural. Un artista que sente liricamente, desde a máis recóndita intimidade, antes de expresarse cos pinceis. Cada un das súas paisaxes son Galicia, sen ser ningún un lugar determinado. Nos seus cadros contémplase e admírase a obra dun xenial artista.