Inauguración da exposición de pintura "SILENCIO, BRISA E PINTURA", de Fernanda Fernández Suárez

Eventos
07/02/2013
07/02/2013
02/07/2013

Inauguración da exposición de pintura "SILENCIO, BRISA E PINTURA", de Fernanda Fernández Suárez

-

Filla de emigrantes galegos, Fernanda Fernández leva 22 anos expoñendo entre Galicia e Madrid óleos sobre lenzo nos que manda a arte figurativa, a realidade mimetizada en pinceladas. A exposición poderá ser visitada ata o 28 de xullo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

FERNANDA FERNÁNDEZ SUÁREZ (Bos Aires, 1965) iníciase no debuxo en Vigo con nove anos, na Escola de Artes e Oficios. A técnica do carbón ensínalle a descubrir nun principio as formas, para estudar posteriormente a color con pastel e óleo.

En Madrid compatibiliza os seus estudos de Ciencias Políticas e Socioloxía na Universidade Complutense coa súa paixón pola pintura. A diferencia da color da paisaxe castelá que agora lle rodea repercute no seu estilo. Tras perfeccionar a súa técnica no estudio de Enrique Sobisch, a súa personalidade como artista ponse de manifesto definitivamente.

En 1990 instálase en Vigo e a súa actividade pictórica non cesa. Expón con éxito en distintas cidades e galerías.

A súa obra, de exquisita técnica realista, mostra unha búsqueda incansable de perfección, de captar co pincel non só o que o ollo ve. A luz dos seus cadros aporta máis que a estación do ano e a hora do día, fala tamén da limpeza do aire do bosque, da densidade do aire industrial, do sal do mar...

A sua visión dos obxectos e das paisaxes ten unha sensibilidade espiritual que descobre o carácter desta pintora.

02 Xullo 2013
Eventos