Inauguración da exposición ENTROIDO, MOBILIARIO VESTIDO, ESCULTURA, de Ángel Manuel Rodríguez Romero "Piquico"

Eventos
01/09/2024
01/09/2024
09/01/2024

Inauguración da exposición ENTROIDO, MOBILIARIO VESTIDO, ESCULTURA, de Ángel Manuel Rodríguez Romero "Piquico"

Dise que os personaxes do entroido non se disfrazan, vístense.

"Mobiliario vestido" pretende mostrar a continuidade entre corpo, roupa e moble.
Representar unha conxugación entre o atávico da festa e a modernidade, xogando cos  personaxes do entroido, o seu animalario, como a mula ou o oso e os elementos típicos e simbólicos desta festa.
O resultado son esculturas-personaxe "vestidas" de mobiliario ou ao revés - xa sexa unha mesa, un andel, un armario,  unha lámpada, un pupitre escritorio, un botellero, unha cadeira, un espello, etc. en paralelo cos motivos do entroido.
As obras son basicamente figurativo-xeométricas nas que interesa a expresividade, a masa descuberta, a forma ou a anatomía.
Pezas orgánicas, xogando á vez co contraste da pura xeometría do mobiliario, o cubismo e a idea de corte, de ensamble, de bloque ou de desbaste.
Móstrase desde o máis duro todo o máis branco ou o máis áspero, xogando coa cor ou a textura provocados polas ferramentas e a forma.
O material utilizado é sobre todo madeira, de varios tipos, tamén lousa, pedra, papel de parede, mármore, granito, ferro ou a iluminación.
Os acabados van desde os naturais ou pulidos, policromía, pigmentación, lacado ou lustre, dando brillantes transparencias de cor, efectos de esmaltado.
A propia materia orgánica, xunto coas cristalinas transparencias ou material lacado, simbólicamente contrapostos, tentan conciliarse e simbolizar o representado.

Piquico é un artista recoñecido a nivel nacional que levou a cabo exposicións e actividades artísticas relacionadas co mundo e a cultura do entroido relacionadas coas súas raíces na zona oriental de Ourense.

A exposición poderá visitarse ata o 31 de xaneiro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

NOTA: As exposicións da Casa de Galicia poden estar temporalmente pechadas ao público cando nas súas salas están a ter lugar outros eventos que forman parte da súa programación de actos. 

09 Xaneiro 2024
Eventos
Participantes
Ángel Manuel Rodríguez Romero, "Piquico", autor da exposición
Manuel Sirgo González, membro da Academia de Cinema
Imaxes